Gran Gala de Circo de Nadal

Como gran colofón a esta quincena dedicada ao circo temos pensada unha despedida por todo o alto. Unha Gran gala de Circo de Nadal que se trata, á vez, dunha acción solidaria coa Asociación Iniciativa Social Berce.

Neste maxestuoso compendio de espectáculos veredes a grandes artistas do novo circo galego desenvolver o seu potencial creativo na mellor tradición dos espectáculos de variedades, onde se mesturarán malabares, cancións, humor, monólogos e acrobacias, aéreos e... o máis difícil aínda!

Ademais será nesta gala onde se lle dean os premios ás rapazas e rapaces gañadores do Concurso de Postais de Nadal

En definitiva, un gran peche de festa que fará que tanto pequenos como maiores queden no padal deste Nadal co bo sabor da maxia do circo.