Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada

A Biblioteca de Galicia conmemora o Día da Ilustración cunha exposición que leva por título Camilo Díaz Baliño: a xenialidade truncada. Un total de 54 pezas conforman a exposición, que inclúe libros, debuxos, documentos persoais, fotografías e manuscritos procedentes do arquivo persoal de Díaz Baliño, custodiado na Biblioteca de Galicia.

Unha caricatura de Camilo Díaz Baliño realizada por Álvaro Cebreiro, debuxos orixinais do artista para distintas escenografías, un álbum con fotografías, un manuscrito e debuxos de Díaz Baliño sobre a cabalgata que se celebrou con motivo da celebración do 25 de xullo de 1926, diversos manuscritos de membros das Irmandades da Fala e exemplares de libros con capas deseñadas por el son algunhas das pezas que se exhiben na exposición, desde o 30 de xaneiro ata o 7 de marzo.

Estrutura (6 vitrinas):

1. Camilo Díaz Baliño

2. Ilustrador de libros e de publicacións periódicas

3. Escenógrafo. Coral de Ruada

4. Escenógrafo. A empresa Fraga

5. Concello de Santiago. Carrozas para a celebración do 25 de xullo

6. Pintor simbólico. Irmandades da Fala

Valioso legado

O artista, escritor e intelectual galeguista, membro das Irmandades da Fala e pai de Isaac Díaz Pardo, deixou un valioso legado documental e bibliográfico que se pode consultar en Galiciana, na Biblioteca Dixital de Galicia: arredor de 200 fotografías, relatos orixinais, unha pequena biblioteca persoal, deseños de escenografías, cartas… Foi de feito o propio Díaz Pardo quen depositou este fondo na Biblioteca de Galicia.

A celebración do Día da Ilustración, impulsada por Cultura e pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), inclúe diversas actividades en bibliotecas e museos, como por exemplo, un obradoiro de cartelismo ao redor da obra de Díaz Baliño que tivo lugar na Cidade da Cultura o pasado 28 de xaneiro.

 

Coordinador/a: 

Daniel Buján e Elena Díaz del Río López

 
Exposicións
 
29 AGOSTO-15 DECEMBRO
De 10 a 20 horas
19 SET - 5 XAN 2020
De 10 a 20 horas
14 NOV 2019 - 12 ABR 2020