Día das Artes Galegas | De la Sota. Forma e gravidade

O Día das Artes Galegas (1 de abril) deste 2018 está dedicado a unha das personalidades galegas máis influentes do século XX: Alejandro de la Sota. O arquitecto pontevedrés (Pontevedra, 1913 – Madrid, 1996) é unha das figuras máis recoñecidas do Movemento Moderno no noso País, e un dos máis notables arquitectos españois da segunda metade do século pasado. Premio Nacional de Arquitectura ata en catro ocasións, Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes, Medalla de Ouro de Arquitectura e finalista dos Premios Príncipe de Asturias de Belas Artes, de la Sota caracterizouse pola adecuación das súas obras á contorna paisaxística e urbana, e por suposto á máxima da funcionalidade a través de uso dos novos materiais e das novas tecnoloxías construtivas.

Artista global e transdiciplinar, melómano e cunha idea holística da estética súa arquitectura e os seus deseños —dos que tivemos unha importante mostra recentemente na exposición Da Árbore á Cadeira—  cambiou o noso xeito de entender os lugares que habitamos.

Desde a Cidade da Cultura de Galicia sumámonos á celebración deste día con dous obradoiros plástico-creativos para achegarse en familia dun xeito divertido e pedagóxico a esta importante figura e as súas creacións. O obxecto destes talleres é que os máis pequenos e pequenas da casa teñan un primeiro contacto, dunha forma lúdica sen mermar o didáctico, do Movemento Moderno e a ruptura arquitectónica que supuxo.

 

 

 
En familia
 
22 XUÑ - 21 SET
Todos os venres do 29 de xuño ao 17 de agosto
Dese as 19h ata as 12h do día seguinte
25 Agosto
De 16 a 20 horas