A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa celebra o día 2 de outubro na Cidade da Cultura de Galicia a 'Xornada de Acollida de Auxiliares de Conversa', cun programa completo de actividades dirixido a aquelas persoas que traballan como auxiliares de conversa de linguas estranxeiras nos centros educativos de Galicia.
As persoas convocadas a esta xornada son:
- Auxiliares de conversa correspondentes a centros educativos de primaria e secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia. (Cota Galicia)
- Auxiliares de conversa en Escolas Oficiais de Idiomas. (Cota Galicia)
- Auxiliares de conversa Comisión Fulbright.
- Auxiliares de conversa da cota do Ministerio de Educación y Formación Profesional.
- Auxiliares doutros programas.
Cada auxiliar virá acompañado da persoa coordinadora no seu centro de destino.
PROGRAMA
9:00-9:45h.- Recepción e entrega de documentación
10:00-10:40h.- Inauguración e presentación do Programa de Auxiliares de Conversa
10:40-11:00h.- Pausa-café
11:00-11:30h.- "Galicia. O sistema educativo galego. Edulingüe, estratexia de linguas estranxeiras"
Elena Mª Castro Villalón. Xefa de Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Noemí Álvarez Villar. Asesoría de Linguas Estranxeiras
11:30-11:45h.- "As funcións da persoa auxiliar de conversa, e repercusións do Programa de Auxiliares de Conversa no centro educativo"
Elena Mª Castro Villalón. Xefa de Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Sandra Rodríguez Nieto. Asesoría de Linguas Estranxeiras
11:45-13:00h.- MESA DE EXPERIENCIAS
Bonnie Cooper e María de los Santos Gago (IES Valle-Inclán. Pontevedra)
Janna Karatas. TA Fulbright (IES Plurilingüe Elviña. A Coruña)
Benjamin Cooper (EOI de Viveiro)
Violette Leclercq (IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas)
13:00-13:45h.- Sesións simultáneas
• Auxiliares cota Galicia
Elena Mª Castro Villalón. Xefa de Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa
Sandra Rodríguez Nieto. Asesoría de Linguas Estranxeiras
• Auxiliares Fulbright
Katherine Matles. Representante da Comisión Fulbright
Letizia Ibáñez Bustamante. Representante da Comisión Fulbright
• Auxiliares cota Ministerio de Educación y Formación Profesional
Natividad Gaitero Chamorro. Representante do Ministerio de Educación y Formación Profesional
14:00 – 15:30h.- Comida
15:30 - 17:00h.- Sesión pedagóxica
Juan Lago Leis (EOI de Santiago de Compostela)
Carmen De La Fuente Leis (EOI de Santiago de Compostela)
17:00-17:30 horas: Pausa-café
17:30 – 18:30horas.- Obradoiro: Recursos TIC
Isabel Blanco Pumar (CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey).
18:30h.- Sesión musical
Bonnie Cooper e María de los Santos Gago (IES Valle-Inclán. Pontevedra). “An die musik” de Schubert.
























