Obradoiro 'Design Thinking' para emprendedores

O Centro de Emprendemento acolle unha nova actividade de formación aberta para as persoas emprendedoras do programa de formación e titorización do CEM. Nesta ocasión será un obradoiro de 'Design Thinking', metodoloxía empregada en procesos de innovación para a análise e proposta de solucións creativas a calquera problemática.

Durante a sesión os participantes traballarán con metodoloxías que permiten fortalecer habilidades e capacidades para idear e desenvolver novos productos ou servizos, ou ben profundizar no crecemento dos xa existentes. Aprenderán tamén a observar o mercado e o sector, identificando os problemas mais destacados e deseñando e experimentando con solucións posibles, para finalmente abordar a comunicación e a avaliación destas propostas por parte dos clientes tipo.

O obradoiro será impartido por Nuria Fernández,  profesional que acumula máis de 10 anos de experiencia titorizando proxectos emprendedores, de moi diferentes ámbitos, con especial enfase na transformación da idea inicial nun proxecto sostible. Ademais ten liderado proxectos empresariais nas primeiras etapas de vida ou acompañado estes en tarefas tales como a organización diaria da actividade, a comunicación cos clientes e a búsqueda de financiación.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027