Xornada 'O Emprego do Futuro'

A transformación dixital e a revolución tecnolóxica están transformando a economía e con ela tamén o mercado laboral.

A Xunta de Galicia pon en marcha o programa 'O Emprego do Futuro' para a identificación das necesidades dos sectores económicos e a capacitación e a adaptación do talento.

Con este novo programa analizaranse os novos perfís profesionais que demanda a Industria 4.0 detectando competencias e capacidades co obxecto de elaborar o catálogo de accións formativas do Emprego do futuro.

A xornada terá lugar o día 2 de outubro en horario de 10:00 a 14:00 horas no salón de actos de convencións do Edificio CINC da Cidade da Cultura.

PROGRAMA

9:45     Rexistro de asistentes

10:00     Inauguración da xornada. Francisco Conde, Conselleiro Economía, Emprego e Industria

10:30     Innovación e tendencias de futuro do mercado laboral. Cándido Pérez Serrano, Socio KPMG en España

11:15     A visión das Pemes. Demandas profesionais para a próxima década. Jesús Echevarría Mendiguren,  Vicepresidente Randstad España

12:00     Pausa café

12:15     Mesa redonda “O emprego do futuro”
Moderador: José Alfonso Marnotes, Director Xeral de Orientación e Promoción Laboral. Xunta de Galicia
   
Participantes:
    Patricia García, presidenta do Círculo de Empresarios de Galicia.
    Javier Boo, consultor senior de The Boston Consulting Group e profesor ICADE
    Juan Antonio Lloves, presidente do Cluster de Automoción de Galicia, CEAGA
    Juan Manuel Vieites, presidente da Asociación Tecnolóxica Intersectorial de Galicia, ATIGA

13:30     Coloquio

14:00     Clausura Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego

A inscrición á xornada é gratuita a través do seguinte formulario. A data límite para inscribirse é o 1 de outubro ás 15:00 horas.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027