A Xunta celebra a contribución á creación escénica da Federación Galega de Teatro Amador, que cumpre 25 anos de traxectoria

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu ao acto de celebración dos 25 anos da Federación Galega de Teatro Afeccionado, que tivo lugar durante a xornada de hoxe na Cidade da Cultura e que contou cunha vintena de actuacións de formacións teatrais de toda Galicia. 

Santiago de Compostela, 06 de Xullo de 2025

A Xunta promove os valores da formación musical entre a mocidade co Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Gaiás ao arranque do VIII Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, un certame no que participan preto de 600 intérpretes das seccións máis novas dunha ducia de bandas de música populares das catro provincias galegas, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música co apoio da Xunta.

Santiago de Compostela, 05 de Xullo de 2025

O Gaiás e o IGFAE lanzan unha residencia artística para tecer fíos entre a física e a creación contemporánea galega

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, deu a coñecer esta mañá a convocatoria dunha nova residencia artística impulsada pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para promover proxectos artísticos vinculados coa investigación científica. Trátase da Residencia ArtLab IGFAE , que promoverá que un artista ou colectivo se integre na vida cotiá da Cidade da Cultura, así como do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, centro de investigación mixto da USC e a Xunta.

Santiago de Compostela, 02 de Xullo de 2025

25 anos celebrando o teatro afeccionado | Fegatea no Gaiás 2025

A Federación Galega de Teatro Amador (FEGATEA) conmemora 25 anos de andadura nunha xornada festiva no Gaiás cun completo programa con case 20 actuacións de formacións de toda Galicia. 

A Federación Galega de Teatro Afeccionado comezou no ano 2000 a súa andadura cara ao fornecemento do tecido cultural ao redor do teatro amador no ámbito autonómico a través de actividades formativas, de intercambio, mostras e festivais de teatro.

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra | Sabarís - Baiona

O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e pedra é un proxecto expositivo e editorial que retrata as realidades e paisaxes que conforman o itinerario do Camiño Portugués e tece un diálogo entre a fotografía do pasado e as olladas do presente. De Porto a Santiago de Compostela, as paisaxes, a vida nas prazas das aldeas, os monumentos e as escenas cotiás que foron inmortalizadas en séculos pasados volven ser motivo de inspiración baixo unha nova ollada.

Chega a Baiona 'O Camiño Portugués. Lembranzas de par e pedra', un percorrido en fotografías desta ruta xacobea

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou hoxe no Multiusos Mercado Sabarís de Baiona a exposición O Camiño Portugués. Memoria de mar e pedra, que reúne 65 imaxes dunha trintena de fotógrafos galegos e portugueses dos séculos XIX, XX e XXI. As instantáneas retratan a evolución histórica das realidades, das paisaxes e do patrimonio do itinerario xacobeo que transita entre a cidade do Porto e Santiago de Compostela e exhibiranse en Sabarís ata o vindeiro 29 de xullo.

Santiago de Compostela, 01 de Xullo de 2025

Arrinca a V Residencia literaria da Cidade da Cultura para impulsar 10 proxectos inéditos de poesía, teatro e narrativa en galego

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, acompañado pola directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, deulle hoxe a benvida ás persoas participantes na V Residencia literaria da Cidade da Cultura. Desde hoxe, e ata o 12 de xullo, un total de dez escritoras e escritores emerxentes en lingua galega compartirán un espazo de traballo no Gaiás no que poñer en común inquedanzas e coñecementos para mellorar os seus proxectos inéditos de poesía, teatro, novela e contos.

Santiago de Compostela, 30 de Xuño de 2025 a Santiago de Compostela, 03 de Xullo de 2025

Os concertos de ‘Atardecer no Gaiás’ arrancan co pop surfeiro dos galegos The Rapants e un cartel con 15 artistas e estilos para todos os gustos

O próximo xoves 3 de xullo, ás 21 horas, darán comezo os concertos de Atardecer no Gaiás coa actuación de The Rapants, unha das bandas galegas con máis proxección dos últimos anos. Os de Muros traerán á Cidade da Cultura o pop surfeiro e alegre do seu último disco, La máquina del buen rollo, galardoado co premio ao mellor álbum en galego nos Premios MIN da música independente estatal.

Santiago de Compostela, 29 de Xuño de 2025

A Xunta inaugura no Museo Gaiás a experiencia artística e tecnolóxica máis potente desenvolta ata o momento sobre a vida e o pensamento de Castelao

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a instalación de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia, a experiencia tecnolóxico-cultural máis ambiciosa desenvolvida ata o momento sobre a figura do ilustre autor, artista, político e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Santiago de Compostela, 26 de Xuño de 2025

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS