Andaina interpretativa do Bosque de Galicia 2019

A Cidade da Cultura vai festexar as dúas efemérides vencelladas co medio: o Día dos Bosques e o Día da Auga,  que se celebran o 21 e 22 de marzo, respectivamente. Faino con visitas comentadas ao Bosque de Galicia, o gran pulmón verde de Santiago de Compostela, que tras o remate o verán pasado da súa segunda fase, xa conta con 34 hectáreas ateigadas de 12.000 árbores autóctonas. Hai que destacar que este e o resto dos espazos naturais que arroupan ao Gaiás tamén son obxecto e protagonistas de parte da programación cultural ao longo do ano.
 
Estas visitas ao Bosque de Galicia farán posible que todas e todos os que vos decidades a participar vos asomedes a este espazo verde do Gaiás para coñecer e valorizar os elementos do noso medio natural, á vez que para aprender a identificar as plantas da nosa contorna, as súas utilidades e a importancia da súa preservación.
 
Aproveitando a variedade natural existente nas 34 hectaréas do monte Gaiás, as e os que vos inscribades poderedes gozar dunha andaina interpretativa da paisaxe galega, con todo un catálogo de especies arbóreas que favorecen o coñecemento próximo do noso ecosistema (bidueiros, carballos, salgueiros...).
 
Unha actividade para coñecer de primeira man e polo miúdo unha contorna única na capital de Galicia, á vez que un xeito directo, didáctico e divulgativo de festexar dúas datas tan vencelladas ao respecto e ao coidado do medio.
 
Visitar
 
Martes, mércores e domingos
11.30 horas
Xullo e agosto: xoves, venres e sábados
11.30 HORAS