Gaiás secreto

VISITAS COMENTADAS PARA ACHEGARSE Á ARQUITECTURA, Á HISTORIA
E ÁS ZONAS NATURAIS | INCLÚE ACCESO A ESPAZOS RESTRINXIDOS AO PÚBLICO

Se estás a argallar un plan en Compostela, hai un que che vai resultar irresistible: a descuberta —dun xeito diferente do habitual— da arquitectura, da historia e das zonas verdes da Cidade da Cultura de Galicia, un dos exemplos máis sorprendentes da arquitectura contemporánea. Ven coñecer a fondo, da man dun dos nosos guías, a historia e as claves da Cidade da Cultura. Descubre a través desta visita exclusiva ao Museo Centro Gaiás, a Biblioteca e o Arquivo de Galicia e as Torres Hejduk

    

    

Achégate á complexidade desta infraestrutura accedendo a espazos habitualmente restrinxidos ao público, como:

  • A galería subterránea que comunica o complexo
  • As sobrecubertas dos edificios
  • Os sofisticados depósitos bibliográficos

Goza das visitas panorámicas de Compostela desde o miradoiro do Bosque de Galicia e reláxate rodeado de natureza no Xardín do Teatro. Un completo percorrido para explorar unha das infraestruturas contemporáneas máis singulares de España.

 
Visitar
 
 
15 Xul - 9 Xan 2022
17.00 h
21 Set 2021 - 21 Dec 2021
10.00 h| 12.30 h
Outono-Inverno 2021
11h | 11.30h
Outono 2021
De martes a domingo
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
12.30 h| 17.00 h
17 Dec - 6 Xan
De 10.00 a 20.00 horas