Andobrincando no Gaiás | Xogos tradicionais en familia

Con motivo do remate do curso, a Biblioteca de Galicia organiza unha actividade completamente lúdica e moi divertida na que todos os membros dunha familia poden xogar xuntos a través dunha colección de 40 xogos tradicionais. Netas e netos, avós e avoas, nais e pais... participan nestes enredos, sen límite de idade.

Son xogos de enxeño e destreza cos que aprender a relacionarse mellor, a xogar en grupo e, ao mesmo tempo, gozar da recuperación dos antigos xogos tradicionais de Galicia e doutras partes do mundo.

 

 
En familia
 
21 XUÑO - 19 SETEMBRO
6, 19, 20 e 27 de xullo | 2, 3, 10, 24, 31 de agosto | 7 de setembro
XOVES | XULLO E AGOSTO
Diurnas, ás 19h | Nocturnas, ás 22.30h