Verán no Gaiás | As Astronómicas 2019

Vinde descubrir a maxia das estrelas e as noites de Compostela na Cidade da Cultura!

O complexo do Gaiás acolle as sesións de observacións astronómicas, nas que poder gozar das estrelas e da arquitectura do complexo a un mesmo tempo.

A través de telescopios e prismáticos, e seguindo as explicacións técnicas de monitores, observaredes a lúa, planetas, estrelas dobres, nebulosas… Ademais, coa axuda dun planisferio, aprenderedes a identificar as constelacións á primeira ollada. 

Nesta edición, cada unha das vistas astronómicas terá un carácter temático,distribuíndose do seguinte xeito:

  • 6 de xullo: Xúpiter
  • 19 de xullo: Saturno
  • 20 de xullo: O Triángulo de Verán
  • 27 de xullo: A Estrela Polar
  • 2 de agosto: A Osa Maior
  • 3 de agosto: Casiopea
  • 10 de agosto: Hércules
  • 24 de agosto: O Serpentario
  • 31 de agosto: Pegaso
  • 7 de setembro: A Lúa

Unha oportunidade única de achegarvos á cara menos coñecida e máis misteriosa da Cidade da Cultura!