Verán no Gaiás | Campamentos urbanos Valor e mestría

Procurades actividades para a vosa cativada no verán, na que se divirtan á vez que estimulen a súa creatividade e gusto pola arte e a cultura? Anotádea nos Campamentos urbanos do Museo Centro Gaiás!

Baseados en obradoiros que estimulan a súa creatividade, estes campamentos responden á demanda que tedes nais e pais dunha oferta para a vosa cativada que permita conciliar nesta época non lectiva, pero que non sexan proxectos que se baseen exclusivamente no mero entretemento.

Deste xeito, como unha forma lúdica de tratar de compaxinar a conciliación familiar coa aprendizaxe e as actividades culturais vimos de organizar este campamento urbán que xirará ao redor dos contidos da exposición Valor e Mestría sobre a historia do fútbol en Galicia. Non se trata dun campamento de tecnificación deportiva, senón que aproveitando o fútbol como elemento central, daremos a coñecer a historia futbolística da nosa comunidade, xogadores e xogadoras máis relevantes e principais fitos históricos. Entendemos o fútbol como elemento socializador cuns valores intrínsecos como son o compañeirismo, solidariedade, igualdade e respecto entre iguais.

OBXECTIVOS

  • Difundir os factores precursores do fútbol en Galicia, así como os fitos históricos máis relevantes do fútbol da nosa comunidade.
  • Fomentar valores inherentes ao deporte, tales como o compañeirismo, tolerancia, deportividade, solidariedade e respecto, todo elo a través de actividades que propicien o traballo destes valores.
  • Ofrecer unha alternativa lúdica-educativa no emprego do ocio e tempo libre en período estival.
  • Fomentar e potenciar habilidades sociais e o traballo en equipo.
  • Entender o fútbol como ferramenta de apoio á igualdade de oportunidades e de xénero.

 

As dinámicas durante o campamento serán activas, non sexistas, participativas, integradoras, lúdicas e flexibles.

ACTIVIDADES

  • Para ser bo deportistas non fan falla trucos de maxia: Actividade de cooperación na que se fomenta a deportividade
  • Equipos galegos: Xogo deportivo exterior no que se dan a coñecer os principais equipos galegos
  •  Xincana sobre o deporte galego: Temos pasado hai futuro!
  •  Concurso “Quen quere ser futbolista?” sobre contidos da exposición
  • Fútbol para todxs: Coñecer as posibilidades do fútbol como ferramenta que se adapta a persoas con diferentes necesidades.