Clic Xanela | Fotografías desde as fiestras. Técnicas para mellorar as túas imaxes

Desenfocadas, sen encadre, con pouca luz... Cantas veces lle teremos botado a culpa ao noso móbil pola mala calidade das fotos cando era só cuestión de falta de pericia ou de técnica. Por iso, a Cidade da Cutura botou a andar Clic Xanela, un curso de fotografía en liña con sinxelos consellos impartidos por Óscar Corral

 O fotógrafo galego —colaborador da Cidade da Cultura e tamén da axencia EFE e de medios como La Voz de Galicia ou El País— convídanos a tirar proveito da cámara do noso móbil e das fiestras deste obrigado #quedanacasa.  Con ambos, vainos asesorar como rescatar do mellor xeito posible eses divertidos ou especiais momentos que se coan polos cristais e que seguen a formar parte das nosas cotiandades. 
 
Con todas as fotos [compartidas nas redes sociais ou enviadas onlinecidadedacultura@gmail.com ] iremos creando un álbum-mosaico de tantas ventás coma vidas!
 

 CONSELLOS CLIC XANELA

Óscar Corral 

Comezou a traballar como fotografo en 2003 en La Voz de Galicia, para retornar a prensa diaria na axencia EFE despois de ocuparse da fotografía institucional no executivo galego. Dende 2009 traballa como fotógrafo no diario El País en Galicia, que compaxina con reportaxes internacionais para o mesmo diario así como para El País Semanal.

Ten recibido distintos premios polas súas coberturas, entre os que destancan o 'Full-Focus' que distingue as mellores fotografias do ano segundo a axencia Reuters e o 'Estaçao Imagem' pola sua cobertura a bordo do buque humanitario 'Aquarius'. Gañador da XXV Edición do Galicia en Foco.


 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas