Día Internacional da Danza | #aculturasegue

"Bailas e faisme libre". Facemos noso --e seguro que tamén voso-- este verso de Uxío Novoneyra tan oportuno nestes tempos. Catro palabras capaces de concentrar unha das grandes cualidades dunha das primeiras formas de comunicación da humanidade.

Desde antes do poder da palabra, a danza permitiunos expresar alegría pola felicidade; tristeza na dor; ou carraxe ante a impotencia. Bailamos para expresarnos, para sentir, para ser. Nun teatro, nunha praza, nunha romaría, nunha festa familiar, en grupo, en parella e tamén sós, que non en soidade.

Por iso resulta imprescindible, tamén na programación da Cidade da Cultura. Velaquí un bocadiño do moito que nos presta.

UN BOCADO DE DANZA, NA PROGRAMACIÓN DA CIDADE DA CULTURA

  • Ifeel4. Marco Berrettini [Escenas do cambio 2019]
  • Simplicissimus [Museo Centro Gaiás 2013]
  • Barrunto. Patricia Caballero [Escenas do cambio 2016]
  • Chroma. Alessandro Sciarroni [Escenas do cambio 2019]
  • Ottof. Bouchra Ouizguen [Escenas do cambio 2016]
  • Altered natives Say Yes To Another. Excess - TWERK. Cecilia Bengolea e François Chaignaud [Escenas do cambio 2016]
  • Loie Fuller: Research. Ola Maciejewska [Escenas do cambio 2019]
  • Una tirada de dados. Israel Galván [Escenas do cambio 2018]
  • Dumy Moyi. François Chaignaud [Escenas do cambio 2019]
  • Displacement. Mithkal Alzghair [Escenas do cambio 2018]
  • Tempo e Espaço: Os solos da Marrabenta. Panaibra Gabriel Canda [Escenas do cambio 2017]
  • Minor matter. Ligia Lewis [Escenas do cambio 2019]
  • Who will save me today? Janet Novás [Escenas do cambio 2016]
  • Caderno de vacacións. Los Bravú [Escenas do cambio 2020]
  • Pentecostés. Pálido Domingo [Escenas do cambio 2020]
  • Le Cargo. Faustin Linyekula [Escenas do cambio 2016]
  • Afectos. Rocío Molina [Escenas do cambio 2016]
  • Introducing the star. Pablo Esbert/Federico Strate [Escenas do cambio 2017]
  • Ensaio amor. Nuria Sotelo [Escenas do cambio 2016]
  • Ahora bailo yo. Leonor Leal [Escenas do cambio 2020]
  • Horion. Malika Djardi [Escenas do cambio 2017]
  • O tempo como dobrado nun corpo. Estela Lloves [Escenas do cambio 2018]
  • Smashed. Gandini Juggling [Museo Centro Gaiás 2014]
  • Le Return of La Argentina. Trajal Harrell [Escenas do cambio 2017]
 
Música & Escena