O noso baile e música de raíz volven ateigar o Gaiás de muiñeiras e aturuxos, de alalás e pandeiradas: o Serán regresa á Cidade da Cultura coincidindo co arranque do verán e a celebración do Día Europeo da Música. Entre o 20 e o 22 de xuño de 2025, ata un milleiro de artistas, intérpretes e especialistas na música e o baile tradicional de Galicia reuniranse na Cidade da Cultura neste IV Encontro Galego de Cultura Popular.
Novamente con Quique Peón como director artístico, o Serán'04 convídate a tres días de foliada nun encontro para tocar, cantar e bailar, para reencontrarnos, celebrar a nosa cultura propia e amosar a todo tipo de público a creatividade e riqueza da música e do baile galego.
Todas as actividades teñen entrada de balde, pero as masterclasses e o Obradoiro familiar de serigrafía precisan inscrición previa, por teren prazas limitadas. Preme nas ligazóns para ter máis información e reservar a túa praza con antelación.
IMPORTANTE: Esta programación pode estar suxeita a cambios non previstos no momento da súa publicación. Para calquera dúbida, pode consultarse ao persoal de atención ao público durante o Encontro.
VENRES 20 DE XUÑO DE 2025
16:00 h – 20:00 h | FEIRA (Museo Centro Gaiás, andar -1)
16:00 h – 20:00 h | Exposición do traxe tradicional O Sarillo, de Yerai Paz Souto | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)
17:00 h – 20:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
17:00 h – 18:30 h | Masterclass: “Iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade”, María Criado | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
17:00 h – 18:30 h | Masterclass: “O repertorio do gaiteiro Poso”, Iván Costa | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
18:00 h – 19:00 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
- A.C. Soalleira (Dorrón)
- Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
- Rosalía de Castro (Cacheiras)
18:30 h – 20:00 h | Masterclass: “O baile na comarca de Muros”, Pedro Brañas | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
18:30 h – 20:00 h | Masterclass: “Primeiro achegamento á foliada”, Artur Puga | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
20:30 h | PECHE RECINTO FEIRAL
21:00 h – 01.00 h | Festival Folk | Praza central (carpa exterior)
|
|
SÁBADO 21 DE XUÑO DE 2025
11:00 h – 14:00 h | FEIRA (Museo Centro Gaiás, andar -1)
11:00 h – 14:00 h | Exposición do traxe tradicional O Sarillo, de Yerai Paz Souto | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)
11:00 h – 14:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “O pandeiro redondo na comarca do Deza”, María Vidal | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “A destreza d@s bailador@s”, Serxio Cobos | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
12:00 h – 13:00 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
|
12:30 h – 14:00 h | Masterclass: “A pandeireta en Monzo”, Xurxo Fernándes | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
12:30 h – 14:00 h | Masterclass: “Os baile-xogos da Raia”, Luís Prego | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
14:00 h – 16:00 h | PECHE RECINTO FEIRAL
16:00 h – 20:00 h | FEIRA (Museo Centro Gaiás, andar -1)
16:00 h – 20:00 h | Exposición do traxe tradicional O Sarillo, de Yerai Paz Souto | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)
16:00 h – 20:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
16:30 h – 17:30 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
|
|
17:00 h – 18:30 h | Masterclass: “Técnica vocal para o canto tradicional”, Ana Edreira | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
17:00 h – 18:30 h | Masterclass: "A Carballesa", Montse Rivera | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
18:30 h – 20:00 h | Masterclass: “Iniciación ao bordado”, Álex Regueiro | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
18:30 h – 20:00 h | Masterclass: "O baile no Courel", Miguel Sotelo | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
20:30 h | PECHE RECINTO FEIRAL
21:30 h | Foliadón | Praza central (carpa exterior)
|
|
.
DOMINGO 22 DE XUÑO DE 2025
11:00 h – 14:00 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)
11:00 h – 14:00 h | Exposición do traxe tradicional O Sarillo, de Yerai Paz Souto | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)
11:00 h – 14:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “Arredor da pandeira”, Felisa Segade | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
11:00 h – 12:30 h | Masterclass: “O baile solto da Terra Cha”, Olga Kirk | Salón de Convencións (Edificio CINC) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
11:30h – 13:30 h | Certame Coros Enxebres | Museo Centro Gaiás (Andar -1)
- Pandeireteiras de XOC (Xacarandaina—O Fiadeiro—Cantigas e Agarimos
- Coro Tradicional Xacarandaina (A Coruña)
- Cantares do Brión (Gondomar)
- Coral de Ruada (Ourense)
12:30 h – 14:00 h | Masterclass: “As Tarrañolas”, Xosé Lois Romero | Espazo REGA 3 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
14:00 h – 16:00 h | PECHE RECINTO FEIRAL
16:00 h – 19:00 h | FEIRA | (Museo Centro Gaiás, andar -1)
16:00 h – 19:00 h | Exposición do traxe tradicional O Sarillo, de Yerai Paz Souto | Hall de tirantes (Museo Gaiás, andar 0)
16:00 h – 19:00 h | Obradoiro: Estampaxe e serigrafía sobre tea | Espazo REGA 1 (Museo Centro Gaiás) [INSCRICIÓNS ABERTAS]
16:00 h – 17:00 h | Foliadiña infantil | Espazo feira (Museo Centro Gaiás, andar -1)
|
|
17:00h – 19:00 h | Festival Folclórico | Praza central (carpa exterior)
- Tequexetéldere (A Estrada)
- Son D'Aquí (A Coruña)
- Arume de Caión (Laracha)
- Lembranzas da Ría (Cangas)
- Aturuxo (A Coruña)
- Buxainas (Cedeira)
- Saíñas (Xove)
- Traspés (Vigo)
19:00 h | PECHE DO EVENTO





















