Descubre unha das máis sofisticadas infraestruturas culturais galegas nesta visita guiada.

Un percorrido comentado para achegarse á arquitectura contemporánea e abraiarse coas liñas e volumes proxectados polo neoiorquino Peter Eisenman. Desde admirar a espectacular fachada de cristal de case 43 metros de altura do Museo Centro Gaiás, a entender dunha ollada o xogo de trazos e volumes que compoñen o deseño da Cidade da Cultura e os usos e fitos do complexo arquitectónico. Un percorrido ameno e divulgativo no que descubrir tamén a monumental praza central, os espazos verdes do monte Gaiás e gozar de vistas panorámicas de Santiago de Compostela desde esta atalaia na que se unen natureza e arte.
Información práctica
- Visita de balde.
- Duración: 60' aproximadamente.
- Punto de encontro: Punto de información do Museo Centro Gaiás.
- Necesaria inscrición previa. Por favor, selecciona a quenda que prefiras para realizar a túa reserva na columna da dereita. Tamén podes reservar directamente no Punto de información do Museo. Se precisas facer unha reserva para un grupo numeroso, chámanos ao: +34 881 997 584.
- Podes consultar AQUÍ todos modelos de visitas comentadas que ofertamos, e que inclúen ás exposicións temporais do Museo Centro Gaiás.
Como chegar ao Gaiás
- Liñas de autobús nº 9 e C11
- Saída 70 da AP9. Descarga aquí o plano de acceso por autoestrada
- Descarga aquí o plano de acceso e subida ao Gaiás a pé
A ter en conta
- Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
- Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
- Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable
.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Feb - Set 2026
De martes a domingo






