Xurxo Fernándes é un recoñecido etnógrafo da música de tradición oral galega e creador de proxectos artísticos, como Radio Cos. Na súa masterclass exploraremos os recursos artísticos e melódicos do lugar de Monzo no concello coruñes de Trazo.
As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.






















