Serán'04 | Masterclass: “Iniciación ao bordado” con Álex Regueiro

Álex Regueiro é un virtuoso couturier que empezou a coser aos 7 anos da man da súa avoa xastra. Estudou deseño de padróns, corte e confección e decidiu establecerse pola súa conta, abrindo en 1998 o seu propio taller de costura “Álex Regueiro”, tarefa que compaxinou con importantes estudos sobre o traxe histórico galego. Con el iniciarédesvos no bordado en fío e aprenderedes as puntadas básicas desta técnica.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como esta clase de bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha clase de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027