Serán'04 | Masterclass: “O repertorio do gaiteiro Poso” con Iván Costa

Iván Costa foi descrito como un intérprete excepcional e un importante compositor na escena da gaita galega. O seu traballo foi recoñecido tanto pola súa habilidade na interpretación como pola súa contribución á música tradicional. Con el aprenderemos o particular xeito de interpretar a gaita de Manuel López López, “O gaiteiro Poso” (1907-2000). Natural de Navia de Suarna, está considerado como un dos máis virtuosos gaiteiros do século XX e máximo representante do particular estilo das montañas orientais de Galicia.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes, María Vidal ou Serxio Cobos, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do mosdisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
12 — 31 Mai 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
5 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h