Serán'04 | Masterclass: “A destreza d@s bailador@s” con Serxio Cobos

Serxio Cobos é un bailarín especializado en música e danza tradicional galega a través da súa formación na escola de folclore Cantigas e Agarimos e do traballo de campo e recollidas etnocoreográficas e etnomusicolóxicas. Dedícase á danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical. Na súa masterclass busca que as persoas participantes se sorprendan de todo o que se pode facer no baile empregando poucos recursos.

As masterclasses do Serán'04 tratan cuestións peculiares ou moi especializadas de técnica vocal, pandeireta, percusión ou danza, e co profesorado máis destacado do momento: Xosé Lois Romero, Felisa Segade, Olga Kirk, Montse Rivera, Luis Prego, Xurxo Fernándes ou María Vidal, entre outros. Nesta edición inclúense contidos novidosos como unha clase de iniciación bordado ao cargo do modisto e especialista en traxe tradicional, Álex Regueiro, ou unha de iniciación á pandeireta para persoas con discapacidade. Podes ver o programa completo do encontro e os diferentes contidos formativos premendo AQUÍ.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
12 Mai — 5 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada