Visitas didácticas | Terceiro trimestre do curso 2021-22

Neste terceiro e derradeiro trimestre do curso escolar 21-22, a oferta didáctica da Cidade da Cultura volve con forza cun completo programa de visitas presenciais, no que se amplían a cinco as quendas horarias a escoller. Por unha banda, recuperamos un dos nosos buques enseña: as visitas arquitectónicas. Por outra, ampliamos a oferta educativa para os centros de ensino arredor de dúas novas exposicións do Museo Centro GaiásObxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020 Xacobeo. As pegadas do Camiño.

Visita comentada á exposición Obxectos de desexo. Surrealismo e deseño 1924-2020

O surrealismo inspirouse nos obxectos cotiás, pero tamén empurrou a deseñadores e deseñadoras críticos co racionalismo a cuestionar a realidade e concibir obxectos que rachan coa rutina e escapan do cotián. Nesta exposición en colaboración coa Fundación "la Caixa" e o Vitra Design Museum afondamos na que seguramente sexa a corrente artística que máis fonda pegada deixou nos últimos cen anos a través dunha escolma de obras de cinema, pintura, fotografía, escultura e, sobre todo, obxetos de deseño, asinadas por artistas como Man Ray, Dora Maar, Salvador Dalí, Ray Eames, Antoni Gaudí, Meret Oppenheim ou Le Corbusier entre outros.

— Para alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

— Do 19 de abril ao 22 de xuño.

Visita comentada á exposición Xacobeo. As pegadas do Camiño

Alén da dimensión humana e espiritual do Camiño, afondamos na experiencia cultural que produciu e produce a ruta xacobea, a través dunha escolma de 200 pezas visuais, musicais, cartográficas, arquitectónicas ou literarias. A exposición inclúe testemuños diversos que o Camiño de Santiago deixou dende a Idade Media e que se conservan na Biblioteca Nacional de España e noutras institucións culturais de dentro e fóra de España como o Museo del Prado, o Arquivo da Catedral de Santiago ou o Centro italiano di Studi Compostellani.

— Para alumnado de ESO, Bacharelato e FP.

— Do 19 de abril ao 27 de maio.

Visita arquitectónica á Cidade da Cultura de Galicia

Unha descuberta arquitectónica do Gaiás, un dos exemplos máis singulares da arquitectura contemporánea que podemos atopar en Galicia, para coñecer as liñas mestras do proxecto de Peter Eisenman, así como os principais usos e fitos do complexo e as claves do seu funcionamento.

— Para alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato e FP.

— Do 19 de abril ao 22 de xuño.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas