Paseo pola biodiversidade do Gaiás

Percorrido polas zonas verdes do Monte Gaiás para unha descuberta exprés da fauna e flora que habita as máis de 40 Ha de zonas verdes que rodean a Cidade da Cultura, deténdonos nos principais aspectos medioambientais dos espazos, naturais ou recuperados, do monte Gaiás.

Saíndo do Museo Centro Gaiás, achegarémonos brevemente ao Xardín literario para a continuación percorrer o Xardín do teatro, onde medran árbores de 30 especies de países como Xapón, Nova Zelandia, a costa noroeste dos Estados Unidos ou a costa sur de Chile. A continuación, percorreremos parte dos sendeiros do Parque do Lago, un espazo poboado de flora autóctona e onde tentaremos descubrir parte da súa fauna, que inclúe desde parrulos, lavandeiras, pardais, rás e numerosas especies de insectos.

IMPORTANTE 

  • Percorrido suxeito a modificacións por cuestións organizativas.
  • Deberán seguirse en todo momento as indicacións do persoal responsable da actividade.
  • Cómpre ter en conta que o percorrido inclúe desprazamentos por pavimentos irregulares, escaleiras e pendentes, polo que non sería apto ou presentaría dificultades con cadeiras de rodas ou dificultades de mobilidade. 
  • Os/as menores que asistan á visita deberán estar sempre acompañados/as dunha persoa adulta responsable.
  • Podes consultar aquí os diferentes modelos de visitas comentadas que ofertamos.