Lemniscate. Circo da compañía Bivouac | Verán no Gaiás 2023

O Verán no Gaiás ofrécenos unha oportunidade única de gozar do espectáculo acrobático Lemniscate, estrea en Galicia desta función circense da prestixiosa compañía francesa Bivouac.

Dous bailaríns e un acróbata sobre un poste chinés encarnan a tres individuos perdidos nun lugar que non existe. Entre liberacións e tensións, esvaróns e propulsións, gravidade e suspensión, evocan o carácter relativo e flexible do tempo-espazo. Unha interconexión que se fai visible, como unha escultura en movemento, nas oscilacións dos corpos, nos seus pesos e no latexo do tempo simbolizado por un metrónomo.

Una visión multiplicada e casi continua ofrecida por un dispositivo xiratorio que evoca a pluralidade de puntos de vista. Con este espectáculo, Cie Bivouac continúa a exploración física iniciada nos seus dous espectáculo anteriores: Corps Perdus e Perceptions.

 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas