Nadal no Gaiás 2023-24

Este ano no Nadal no Gaiás prememos o botón de pausa nos abafos destas datas para volver ás orixes da festividade do solsticio do inverno, agardar polo regreso da luz e celebrar un Nadal máis sostible, afastándonos da présa e do material e gozando do tempo compartido en familia. 

Un lugar máxico que acubilla a luz e a vida, sesións de xogo en familia para deixar o móbil a un lado e recuperar a capacidade de abraio da cativada, un espectáculo de monicreques, proxeccións e música baseado na fábula do parrulo feo de Andersen, unha visita virtual á casa do Apalpador ou unha sorprendente experiencia inmersiva para achegarse a hábitats recónditos do planeta Terra. Son só algunhas das propostas para que festexedes connosco un Nadal onde tampouco faltarán unhas divertidas visitas especiais en familia ou o noso xa clásico alumeado exterior. Preme para descubrir toda a programación!

YGGDRASIL
Instalación do Hall de Tirantes do Museo

LUGH! TERRITORIOS LUMINOSOS
Sesións de xogo en familia

ANDERSEN, O PARRULO FEO
Espectáculo de marionetas

HÁBITATS. NATUREZA ESTENDIDA
Experiencia inmersiva

XINCANA DE ARQUITECTURA
Visita especial en familia

GALIVERSO DE NADAL
Unha visita virtual ao Apalpador

A ARTE TRAS OS EDIFICIOS DO GAIÁS
Visita especial en familia

DE VOLTA CO CREBANOCES
Concerto de En Clave Método Suzuki 

CONCURSO INFANTIL DE POSTAIS

ALUMEADO EXTERIOR

   
 
En familia
 
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas