Cornbread, o primeiro grafiteiro do mundo | 60 anos de historia do Graffiti

No marco da celebración do 60 aniversario do nacemento do graffiti contemporáneo, un movemento que transformou a expresión artística e que segue sendo unha influencia fundamental na arte e na cultura urbanas a nivel mundial, a Cidade da Cultura programa unha conferencia con Cornbread, considerado o primeiro grafiteiro do mundo.

Será o mércores 5 de febreiro ás 17:00 horas no Auditorio 1 do Edificio CINC, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. Con esta conferencia no Gaiás, inicia unha xira que o levará por centros culturais de toda Europa.

A Cidade da Cultura nomea á historiadora da arte e xestora cultural Verónica Santos nova directora de Acción Cultural

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia vén de nomear a Verónica Santos Farto (Paredes-Vilaboa, Pontevedra-1973) directora de Acción Cultural. A designación, que se publicará no Diario Oficial de Galicia nos próximos días, prodúcese tras obter a maior valoración nun proceso de selección convocado pola Fundación, suxeito aos principios de transparencia, igualdade, mérito e capacidade.

Santiago de Compostela, 28 de Xaneiro de 2025

Clásicas desfeitas vol. 13 | «Medea–Mamá–Monstro»

Nunha experiencia escénica que mestura o falso documental co freak show, Laura Porto e Helena Varela reúnen as pezas sobre Medea que deixaron Eurípides, a poeta Chantal Maillard e a novela de Christa Wolf para tratar de dilucidar quen foi realmente a muller baixo o mito. Teremos tamén a oportunidade de escoitar o que dela contan veciñas e familiares, desde o seu ex-marido, Xasón, ata os seus avós e os seus fillos.

Clásicas desfeitas vol. 12 | «Mala vida e pior morte do rei Ricardo III»

Quen foi Ricardo III de Inglaterra? Un conspirador? Un asasino sen escrúpulos? O personaxe deformado e tiránico que nos deixou William Shakespeare na súa célebre traxedia é quizais o retrato máis coñecido polo público xeral de Ricardo de Plantagenet, derradeiro rei da casa de York. Fronte a el, o volume 12 do ciclo Clásicas desfeitas propón unha nova interpretación audaz e humorística do personaxe histórico e literario, que leva por título Mala vida e pior morte do rei Ricardo III.

O Gaiás convértese en escaparate do mellor cinema infantil internacional coas máis de 70 curtas da novena edición de ‘Pequefilmes’

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de anunciar a programación para este ano do festival infantil de curtametraxes Pequefilmes, con máis de 70 películas dunha vintena de países que converten a Cidade da Cultura no escaparate do mellor cinema de animación internacional para a cativada.

Santiago de Compostela, 25 de Xaneiro de 2025

O Gaiás despide a exposición ‘Outras historias posibles’ que inicia en Pontevedra a súa itinerancia por Galicia

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude clausura este domingo 26 de xaneiro no Museo Gaiás Outras historias posibles, exposición que reclama para as novas xeracións o talento de seis mulleres que despuntaron a finais do pasado século XX na arte contemporánea feita en Galicia: Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré.

Santiago de Compostela, 24 de Xaneiro de 2025

Monstros! Un obradoiro de Luís Sendón para poñer os pelos de punta | Día da Ilustración 2025 na Biblioteca de Galicia

Quen di que os monstros teñen que ser malos?  A maneira na que debuxamos as cellas, os ollos ou a boca pode converter ao monstro máis terrorífico nun ser amigable e tenro. En conmemoración polo Día da Ilustración, a Biblioteca de Galicia organiza Monstros! Un obradoiro para poñer os pelos de punta, impartido polo ilustrador e deseñador gráfico Luís Sendón. 

Pequefilmes 2025

O mellor cine miúdo volve ás pantallas grandes do Gaiás con Pequefilmes. Na fin de semana do 14 ao 16 de febreiro de 2025 poderedes gozar en familia dunha selección de máis de 70 curtametraxes para todos os públicos nas que o humor, a emoción e a fantasía son as protagonistas. Tamén terá un papel destacado o público do festival, quen será o responsable de escoller cos seus votos os filmes gañadores desta novena edición.

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS