Quen di que os monstros teñen que ser malos? A maneira na que debuxamos as cellas, os ollos ou a boca pode converter ao monstro máis terrorífico nun ser amigable e tenro. En conmemoración polo Día da Ilustración, a Biblioteca de Galicia organiza Monstros! Un obradoiro para poñer os pelos de punta, impartido polo ilustrador e deseñador gráfico Luís Sendón.
Este obradoiro pretende traballar, a través do debuxo, na identificación das emocións para cultivar a intelixencia emocional dende unha idade temperá. Os nenos e nenas partirán de bosquexos e formas xeométricas para abordar os distintos estados de ánimo e a súa expresión. Así, os obxectivos desta actividade son espertar o interese dos nenos e nenas polo mundo do cómic e a lectura, exercitar as súas habilidades plásticas e poder identificar as emocións.

