Pequefilmes 2025

O mellor cine miúdo volve ás pantallas grandes do Gaiás con Pequefilmes. Na fin de semana do 14 ao 16 de febreiro de 2025 poderedes gozar en familia dunha selección de máis de 70 curtametraxes para todos os públicos nas que o humor, a emoción e a fantasía son as protagonistas. Tamén terá un papel destacado o público do festival, quen será o responsable de escoller cos seus votos os filmes gañadores desta novena edición.

A programación desta cita imprescindible para grandes e pequenos afeccionados á sétima arte organízase en tres salas diferenciadas por idades recomendadas —Vagalumes, Miñocas e Fanecas— e obradoiros nos que a cativada poderá dar os seus primeiros pasos como cineastas.

Ademais, Pequefilmes permite ao público galego gozar, de balde, dunha escolma de películas proxectadas na últimas edicións do prestixioso Festival Clermont-Ferrand e de pequenas xoias da animación agochadas no catálogo da distribuidora internacional MIYU.

As entradas están xa dispoñibles de maneira anticipada no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión. Os horarios de proxeccións e obradoiros poden consultarse directamente pinchando na imaxe de cada sala.

  • 3 salas: Vagalumes (0 a 3 anos); Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos).
  • Máis de 70 curtas internacionais procedentes de 20 países.
  • 8 sesións de concurso (Miñocas e Fanecas) onde poderás votar polas túas curtas favoritas.
  • Obradoiros de cinema de sombras para a cativada a partir de 5 anos.

**Ilustración: Sr Reny

PREMIOS DO PÚBLICO PEQUEFILMES 2025

Na súa aposta por fomentar o gusto polo cinema e a ollada crítica das audiencias máis novas, as nenas e nenos que asistiron a Pequefilmes exerceron tamén de xurado do festival valorando as curtas proxectadas. Estas foron a máis votadas nas dúas categorías a concurso, que foron galardoadas cos dous premios Pequefilmes 2025, cunha dotación de 1.200 euros:

Premio Fanecas | «Capybaras / Los carpinchos»
Alfredo Soderguit | Francia, Chile, Uruguay
Os carpinchos buscan un novo fogar nun lugar onde non son benvidos... que poderá lograr un só pitiño contra a intolerancia e o medo ao diferente de todo un galiñeiro?
Premio Miñocas | «Swing to the Moon» 
Solenne Moreau, Elisa Drique, Marie Bordessoule, Vincent Levrero, Nadine De Boer, Chloé Lauzu, Adriana Bouissie | Francia
Desde o seu fogar no bosque, unha pequena araña faría calquera cousa por chegar ata a lúa...

.

PROGRAMACIÓN PEQUEFILMES 2025

Pequefilmes 2025 Vagalumes Pequefilmes Vagalumes. 0 a 3 anos. Salón de Convencións do Edificio CINC. Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Pequefilmes 2025 Miñocas Pequefilmes Miñocas. +4 anos. Auditorio 1 do Edificio CINC. Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Pequefilmes 2025 Fanecas Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Auditorio 2 do Edificio CINC. Consulta AQUÍ a programación e merca a túa entrada.
Pequefilmes 2025 Clermont-Ferrand Programa especial Clermont-Ferrand. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada.
Pequefilmes 2025 MIYU Programa especial MIYU. Proexecciónes na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. Consulta AQUÍ a programación e colle entrada.

 

OBRADOIROS

Pequefilmes 2025 Vagalumes Obradoiros de cinema de sombras. A partir de 5 anos. Salón de Convencións do Edificio CINC. Consulta AQUÍ as quendas e merca a túa entrada.
 
En familia
 
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
Mañá e tarde
27, 28 Feb e 1 Mar
27, 28 Feb e 1 Mar
14 Mar 2026
De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas