Outra mirada | Visitas singulares á arquitectura do Gaiás

Queres descubrir o Gaiás con outra mirada? Esta primavera achegámonos á arquitectura e funcionamento da Cidade da Cultura cunhas visitas monográficas para afondar nun espazo diferente cada domingo, incluíndo algúns lugares habitualmente restrinxidos ao público.

A impresionante galería subterránea que conecta os edificios, os depósitos do Museo Centro Gaiás, as claves xeométricas que explican o conxunto arquitectónico, ou os fondos que custodia a Biblioteca de Galicia son algúns dos puntos destacados destes percorridos que nos levan desde as Torres Hejduk ao Fontán (o primeiro e o último dos edificios erixidos no monte Gaiás).

Preme nos diferentes espazos para reservar a túa praza de balde e ven descubrir un dos exemplos máis sorprendentes e singulares da arquitectura contemporánea.

Maio 2026

Visita á Biblioteca e Arquivo de Galicia 

3 Mai 2026 | 12h

Achegámonos á Biblioteca e ao Arquivo de Galicia, institucións de referencia na conservación do patrimonio bibliográfico e documental que custodian desde gravados de Seoane ao legado de Díaz Pardo.

<reserva praza AQUÍ>

Visita ao Edificio Fontán  

10 Mai 2026 | 12h

Da arquitectura de Peter Eisenman, pasamos á de Andrés Perea e afondamos no devir do complexo do Gaiás e no último dos edificios construídos na Cidade da Cultura.

<reserva praza AQUÍ>

Visita ao Museo Centro Gaiás

24 Mai 2026 | 12h

Descubrimos os espazos expositivos do Museo Centro Gaiás, pero tamén as súas áreas agochadas: desde os depósitos de obra ata o gran montacargas.

<reserva praza AQUÍ>

Visita a espazos ocultos

31 Mai 2026 | 12h

Descubre lugares inaccesibles para o público nun percorrido polo Gaiás oculto: de norte a sur atravesando o subsolo da montaña e a galería de servizos que conecta os edificios.

<reserva praza AQUÍ>

.