COGAMI. Arte Capaz

A Cidade da Cultura de Galicia acolle a mostra COGAMI. Arte Capaz, un claro exemplo de como con talento e capacidades se crea arte. A través desta exposición, onde todas as obras son realizadas por persoas con discapacidade, se pretende abrir mentes e rachar ideas preconcibidas.

Esta exposición forma parte do programa EnREDarte que desenvolveu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade –COGAMI- a inicios deste ano en centros e asociacións de distintas zonas de Galicia, e no que participaron 226 persoas con discapacidade física e/ou intelectual. 

Co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a idea deste proxecto é a de proporcionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico, así como achegar a cultura e as súas diferentes disciplinas a todas as persoas. Ademais de pintura, EnREDarte contemplou obradoiros de escritura creativa, fotografía, música, danza e teatro. Todos eles foron mais alá do lúdico, posibilitando potenciar habilidades propias e adquirir outras, para dalgún xeito, empoderar á propia persoa participante fronte á sociedade.

 

 
Exposicións
 
Desde o 8 de Abril
De 8 a 20
Balnearia Bibliográfica
2 Xuñ 2017 - 7 Xan 2018
De 10 a 20
Flor Novoneyra
11 de Out - 10 de Dec 2017
18.30 horas
27 Abr - 2 Set 2018
De 10 a 20 horas