O CEM acollerá unha aceleradora para impulsar a industria audiovisual

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape, reforza a súa aposta polo emprendemento coa creación dunha nova aceleradora de proxectos relacionados coa industria audiovisual e o sector cultural galego, que se localizará na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 16 de Setembro de 2016

Homo Ludens nas Torres Hejduk

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, presentou esta mañá na Cidade da Cultura Homo Ludens, a intervención artística que Miguel Ángel Benjumea e Román Corbato realizaron no interior das Torres Hejduk. Este traballo resultou gañador no 2015 na convocatoria que realiza cada ano o Encontro de Artistas Novos (EAN), coa que convida os participantes a presentar un proxecto artístico nas Hejduk.

Santiago de Compostela, 08 de Setembro de 2016

Arranca o VI Encontro de Artistas Novos

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove desde hoxe ata o xoves no Gaiás o intercambio de ideas entre creadoras e creadores emerxentes na sexta edición do ‘Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia’, no que un total de corenta participantes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea.

Santiago de Compostela, 29 de Agosto de 2016

O WOS Festival chega ao Gaiás

A Cidade da Cultura colaborará co WOS Festival na organización dun encontro ao redor do emprendemento e a innovación cultural. O WOS Festival preséntase como un evento de cultura urbana e vangardista que se celebra en espazos emblemáticos de Santiago de Compostela do 7 ao 10 de setembro, e que ten a programación musical como eixe da súa oferta, complementada con espectáculos de artes escénicas, exposicións e espazos abertos ao debate.

Santiago de Compostela, 01 de Setembro de 2016

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS