O vindeiro xoves día 15 de novembro ás 19:00 horas celébrase, na Cidade da Cultura, o acto de recoñecemento ás empresas socias e colaboradoras coa Asamblea Comarcal da Cruz Vermella en Santiago de Compostela. O obxectivo é recoñecer publicamente a participación activa das entidades que apoian o Plan de Emprego de Cruz Vermella, xunto con outras empresas colaboradoras. Esta contribución plasmouse na realización de varias accións conxuntas tales como a acollida de alumnos e alumnas en prácticas, a derivación de ofertas de emprego, sesións de orientación profesional, cesión de espazos ou profesionais e, en resumo, impulsando a creación de mercados inclusivos.
A estrutura básica do acto será a seguinte:
- Recepción de asistentes con photocall.
- Benvida e presentación do acto por parte do humorista Victor Grande.
- Entrevista informal a diferentes empresas colaboradas e a usuarios da asamblea.
- Entrega de diplomas a empresas colaboradoras.
- Ao finalizar o acto realizarase unha foto grupal con todas as empresas asistentes e haberá un pequeno catering.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























