Pezas e trazos

Pezas e trazos é un claro exemplo de como a creación artística non entende de barreiras de ningún tipo e só de talento. A través desta exposición, onde todas as obras foron realizadas por persoas con discapacidade física e/ou intelectual, preténdese rachar con clixés e superar ideas preconcibidas, moitas delas construídas desde perspectivas erróneas.

As 32 obras que se amosan en Pezas e trazos son unha escolma entre os traballos realizados EnREDarte, un programa de obradoiros de pintura, escritura creativa, danza contemporánea, fotografía artística, música tradicional, teatro e artes plásticas, que desenvolveu a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade —COGAMI— a inicios deste ano en centros e asociacións de distintas zonas de Galicia, e no que participaron 244 persoas.

Co apoio da Consellería de Cultura e Turismo, a idea deste proxecto é a de proporcionar experiencias culturais positivas que permitan desenvolver a curiosidade e o sentido estético e crítico, así como achegar a cultura e as súas diferentes disciplinas a todas as persoas.  

Do mesmo xeito, posibilita potenciar habilidades propias e adquirir outras, para dalgún xeito, empoderar á propia persoa participante fronte á sociedade.

 
Exposicións
 
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De 9 a 21 h
6 Nov 2020 - 30 Mai 2021
De martes a domingo | de 10 a 20h
18 Mar - 5 Set 2021
Aberta de martes a domingo | De 10 a 20 horas
23 marz - 8 ago 2021
Aberta de luns a domingo | De 10 a 20 horas
27 Mar - 15 Ago 2021
De martes a domingo, de 10 a 20 horas
30 Abr - 27 Xuñ 2021
De 10 a 20 horas
14 mai - 30 ago 2021
Aberta de 9 a 21 horas