Programación no Gaiás polo Día da Muller

A Xunta organiza un programa especial de actividades na Cidade da Cultura con motivo do Día da Muller, que se celebra o venres 8 de marzo. 

 


1. Concurso de Carteis polo Día da Muller 
[27 FEBREIRO]

Este programa especial de actividades comeza coa entrega no Gaiás dos premios aos centros escolares gañadores do Concurso de Carteis por esta efeméride.

 

2. A historia cóntana as vencedoras
[4 MARZO]

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, presentará o  libro A historia cóntana as vencedoras(editorial Galaxia), escrito pola especialista na historia do movemento feminista Anne R. Figueiredo, obra que se acompaña dunha unidade didáctica para o alumnado de ESO e Bacharelato.

 

 

3.  Innovación, talento e futuro. Mulleres pedindo paso
[7 MARZO]

Acto institucional na Cidade da Cultura de Galicia do Goberno galego, presidido polo seu titular, Alberto Núñez Feijóo polo Día Internacional da Muller.

 

4. A memoria conservada: Un mar de mulleres
[6 MARZO]

O Arquivo de Galicia —situado no Gaiás— presenta unha nova entrega da serie de exposicións ‘Mulleres sobranceiras’, desta vez coas profesionais do mar como protagonistas e co título A memoria conservada: Un mar de mulleres. A través dunha escolla de 54 pezas, documentos, planos, obxectos e fotografías históricas, pon o foco sobre as tarefas relacionadas coa explotación dos recursos mariños, especialmente na industria conserveira.

 

5. O fútbol feminino contado pola súas protagonistas
[6 MARZO]

O Museo Centro Gaiás organizará unha mesa redonda sobre o fútbol feminino, no marco da mostra ‘Valor e mestría. Galicia como fútbol’, que vén de ser inaugurada. Esta actividade, que leva por título O fútbol feminino contado pola súas protagonistas, terá lugar tamén o día 6 e contará como moderadora a Cristina López Villar, doutora e mestra da Universidade da Coruña. Como intervenientes estarán Lis Franco, estrela do equipo feminino Karbo; e Teresa Abelleira, capitá do Real Club Deportivo da Coruña feminino, que xoga coa Selección Española de Fútbol.

Hai que salientar que o Karbo conquistou unha Copa Raiña Sofía (tempada 1981-1982) e tres campionatos de España consecutivos (do 1893 ao 1985) , así como unha Copa Galega. Ademais, gañou as cinco ligas galegas celebradas entre 1983 e 1988 A entrada é de balde, previa inscrición na web www.cidadedacultura.gal.

Vencelladas coa efeméride do Día da Muller, a Cidade da Cultura organizará durante toda a a semana visitas comentadas á exposición Valor e mestría, centradas especificamente no papel da muller na historia do fútbol galego, que tivo como pioneiras a principios do século pasado a famosa porteira Irene e ao equipo Estradense, de Viveiro. Xa en 1981 a formación coruñesa Karbo, foi a primeira en ser campioa de Liga feminina en España; e, na actualidade, contamos como referente do fútbol internacional feminino a galega Verónica Boquete. Esta compostelá foi a primeira española en erguer unha Copa da Champions League Feminina.

 

6. As Torres Hejduk prendidas coa cor violeta
[4-10 MARZO]

Finalmente, e como vén a ser habitual no Día Internacional da Muller, as Torres Hejduk prenderanse de xeito simbólico coa cor violeta durante toda a semana.

 

 

 

 

 

 

 
 
Exposicións
 
29 AGOSTO-15 DECEMBRO
De 10 a 20 horas
19 SET - 5 XAN 2020
De 10 a 20 horas
Inauguración 24 de outubro
OUT - XAN
15 NOV 2019 - 12 ABR 2020