O Bosque do Camiño | Plantacións outono

Gustaríache que a túa experiencia do Camiño deixase unha pegada máis aló do recordo persoal que levas contigo? Ven plantar unha árbore ao Bosque do Camiño, en Santiago de Compostela, que continúa a medrar grazas á colaboración de camiñantes coma ti!

Deste xeito, a túa peregrinación terá unha conexión afectiva e respectuosa coa terra e paisaxe galegas —que te acompañaron e acolleron en boa parte desta viaxe— e que perdurará no tempo nunha contorna única, pola que discorre a Vía da Prata de modo paralelo. O Camiño seguirá na túa memoria e a túa historia na paisaxe de Compostela.

COMO SERÁ A PLANTACIÓN?

Ás 11.30 horas recibirémoste no Museo Centro Gaiás para acompañarte á zona de plantación. Durante este percorrido, explicarémosche o complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman, á vez que as súas zonas verdes, como o Bosque de Galicia, onde se sitúa o Bosque do Camiño, composto por 12.000 árbores autóctonas que compoñen o pulmón verde da Capital de Galicia. Ao finalizar a plantación, ofrecémosche unha consumición quente na Cantina do Gaiás, cortesía da Cidade da Cultura.

RUTA  A PÉ DESDE O OBRADOIRO AO GAIÁS. ANIMÁTE A FACELA!

Animáte a vir facer esta plantación cunha andaina a pé desde a histórica praza do Obradoiro á arquitectura contemporánea da Cidade da Cultura. Nin tan lonxe!

Partindo da catedral de Santiago, a ruta atravesa o casco antigo, Patrimonio da Humanidade, achégase ao parque de Belvís, polo que discorre paralelo, e atravesa as frondosas brañas do Sar, que te mergullan nunha contorna natural, que evidencian como Compostela sabe coidar e enxalzar para veciñanza e visitantes o valor do seu rural, que tamén é patrimonio.

No percorrido, poderás descubir xoias como a románica Colexiata do Sar e ascender polos sendeiros do Bosque de Galicia con vistas á cidade, e goza do solpor en Santiago desde o cumio do Gaiás, onde contas cun miradoiro que ofrece outra perspectiva de Compostela, menos coñecida, pero non por iso menos impactante.

 
Visitar
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas