Sala de prensa

 
Santiago, 23 de Xullo de 2025

Con motivo da cerimonia de entrega das Medallas de Galicia 2025, o Museo Centro Gaiás pechará ao público o xoves 24 de xullo de 10.00 a 15.30 horas, polo que durante a mañá non poderá visitarse o edificio nin as exposicións que acolle, suspendéndose ademais as visitas comentadas. Volverá abrir en horario de tarde (de 15.30 a 20.00 h).

Fogos do Apóstolo na noite do 24 de xullo

Santiago, 15 de Xullo de 2025

O ciclo de concertos Atardecer no Gaiás que programa a Xunta de Galicia na Cidade da Cultura celebra o xoves 17 de xullo o seu primeiro Atardecer Fest, unha xornada especial con varias actuacións que este ano dedica en exclusiva á música urbana. O madrileño Al Safir, a malagueña Faenna e o vigués Dirty Suc, tres voces destacadas da escena do rap galego e español, serán os protagonistas a partir das 21,00 horas na Praza central do Gaiás.

Santiago, 11 de Xullo de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e o Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit-CSIC) promoven a residencia artística da debuxante Ana Penyas no Gaiás para ilustrar a memoria do barrio compostelán de Vite. A iniciativa entrelaza o proceso creativo da premiada autora de cómic valenciana co da investigación realizada no proxecto HabitPAT, que indaga nas formas, xestos e accións que constrúen o noso patrimonio.

Santiago, 09 de Xullo de 2025

Os artistas internacionais Ana Lua Caiano e Calle Mambo subirán esta semana ao escenario de Atardecer no Gaiás, o ciclo de concertos ao aire libre e gratuítos que programa a Xunta de Galicia na Cidade da Cultura.

Santiago, 08 de Xullo de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo,  inaugurou hoxe a mostra Botamos un baile? Un século de orquestras de verbena en Galicia, que contempla a evolución destas agrupacións desde principios do século XX ata a actualidade. O proxecto, que se enmarca dentro das itinerancias expositivas da Cidade da Cultura, pode visitarse na Alameda de Ribadavia ata o 29 de xullo.

Páxinas