Sala de prensa

 
Santiago, 06 de Xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá a mostra Educando a mirada. Leccións de arte e deseño con motivo do Día Internacional dos Arquivos para poñer en valor o papel transformador do ensino artístico en Galicia. A exposición poderá visitarse no vestíbulo da Biblioteca e Arquivo de Galicia ata o vindeiro mes de outubro.

Santiago, 05 de Xuño de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura Plastic biontes, unha intervención na que o colectivo Basurama converte en arte efémera refugallos plásticos industriais ao revestir cunha segunda pel as Torres Hejduk do Gaiás. Coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, a Xunta presenta esta instalación que convida a reflexionar sobre escenarios futuros nos que o lixo non sexa só un residuo, explorando as súas potencialidades como ferramenta creativa e crítica.

Santiago, 04 de Xuño de 2025

A Xunta de Galicia impulsa durante este mes de xuño na Cidade da Cultura e no Salón Teatro do Centro Dramático Galego os proxectos dos artistas Euyín Eugene e Isabel do Diego, seleccionados na convocatoria 2025 das Residencias Paraíso, programa de apoio ás artes vivas promovido polo colectivo RPM co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. 

Santiago, 03 de Xuño de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, avanzou hoxe no Museo Centro Gaiás as liñas de traballo da exposición inmersiva Castelao. Mirar por Galicia. Realizada coa colaboración da Fundación Castelao, a mostra representa a experiencia tecnolóxico-cultural máis avanzada ata o momento ao redor de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, un percorrido para atravesar o devir persoal, literario, artístico e político dunha das figuras máis senlleiras de Galicia. 

Santiago, 30 de Maio de 2025

A Xunta afondará na análise e mais na difusión da pegada dos pobos nórdicos na nosa cultura a través de Viquingos. Unha ollada desde Galicia, exposición que se inaugurará o luns 9 de xuño no Museo do Mar de Galicia. A exposición, que poderá visitarse en Vigo dende o martes 10 de xuño ata o 28 de setembro no horario habitual do centro, reúne un corpus expositivo conformado por pezas procedentes de museos de Galicia, Andalucía e Suecia.

Páxinas