Este venres 21 de agosto despídese a décimo quinta edición de Atardecer no Gaiás cunha dobre actuación protagonizada por Futurachicapop e o DJ Kike Varela. O ciclo de concertos gratuítos ao aire libre promovido pola Xunta de Galicia programou un total de 11 concertos este verán na Cidade da Cultura, con propostas musicais diversas de 16 artistas e grupos chegados de Galicia, Portugal, Chile, Málaga, Madrid e Berlín.
A Xunta de Galicia apoia un ano máis a formación dos músicos integrantes da Banda Sinfónica Galega e da Banda Sinfónica Xuvenil Galega cunha residencia artística na Cidade da Cultura. O encontro, no que participan 72 músicos, comeza hoxe 18 de agosto e culminará o vindeiro venres, día 22, cun concerto no Gaiás, que se desenvolverá a partir das 19,30 horas, con entrada libre e de balde.
A Xunta de Galicia anima as familias a participar no Gaiás, o vindeiro 6 de setembro, no tradicional festival Cidade Imaxinaria, unha das citas clásicas da época de estío que forma parte da campaña Para gustos, cultura da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e que supón xa a recta final da programación do verán.
Os concertos ao aire libre de Atardecer no Gaiás están protagonizados esta semana por catro grupos e artistas galegos de estilos e orixes diversas. O xoves día 7 de agosto subirán ao escenario da Cidade da Cultura Melodiam, un dúo formado polas pontevedresas Almudena Díaz e Carlota Vázquez que fan a súa música desde Berlín, compoñendo temas de electrónica urbana con letras vitalistas que falan de temas universais e nos que coidan ao detalle todos os aspectos da produción.
A Xunta aposta por un ocio familiar de calidade en Cidade Imaxinaria con máis de medio centenar de artistas e 14 compañías galegas, nacionais e internacionais, moitas delas recoñecidas en festivais ao redor do mundo. A cita terá lugar na Cidade da Cultura o vindeiro sábado 6 de setembro, desde as 17,00 horas ata as 22,00 horas, con entrada libre e de balde.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »




