O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Gaiás a primeira edición de Sinte, foro internacional de arte e cultura dixital que se propón situar Galicia na vangarda da creación contemporánea. Este 20 e 21 de novembro, o encontro reúne en Santiago de Compostela a máis dunha vintena de destacadas figuras deste ámbito, procedentes de países como Francia, Italia, Turquía, Portugal ou O Xapón, pero tamén de Galicia e do resto de España.
O programa do Foro internacional de arte e cultura dixital, Sinte, incorpora unha conferencia plenaria do cofundador e director de Ouchhh studio, Ferdi Alici, figura de referencia mundial no eido da arte dixital que asinou instalacións para institucións, museos e empresas como o Gran Museo Exipcio no Cairo, o Museo Mori de Toquio, Google, Nike, Audi a NASA ou o CERN, entre outros.
A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta A auga é un intre que aprendeu a quedar como gañadora do Concurso de Intervencións Artísticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas Novos, EAN15. Presentado polo deseñador e creador visual Diego Lara, este proxecto intervén sobre a lagoa do Xardín Literario da Cidade da Cultura, deseñando dúas illas flotantes circulares e apostando pola madeira de castiñeiro como material de construción.
A Xunta de Galicia apostará por impulsar a creación dixital a través do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia coa incorporación de Chus Martínez Domínguez, que relevará a Rafael Doctor á fronte desta iniciativa para procurar unha maior conexión co Centro de Artes Dixitais que se está a construír no Gaiás e que entrará en funcionamento no vindeiro ano.
A exposición Boris Savelev. Viewfinder, unha forma de mirar pecha as súas portas este domingo 2 de novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura logo de ter recibido preto de 20.000 visitas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »




