Sala de prensa

 
Santiago, 22 de Xullo de 2022

A Xunta presentou hoxe o concerto Sol de Medianoche co que completa a súa homenaxe á escritora Luz Pozo Garza no ano do centenario do seu nacemento. Os seus poemas musicados poderán escoitarse mañá, 21 de xullo, coincidindo co día no que cumpriría cen anos, no auditorio do Edificio Fontán na Cidade da Cultura, coa interpretación do Quinteto de Cordas Schubert e a mezzosoprano Joana Thomé.

Santiago, 14 de Xullo de 2022

A Cidade da Cultura acolleu esta mañá a presentación do prototipo de videoxogo Retorno Arnoia, resultado do traballo realizado polo alumnado na Universidade de Vigo na primeira residencia artística enfocada á creación dixital impulsada de maneira conxunta pola Xunta e a institución viguesa. A directora-xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez, subliñou a experiencia como pioneira no marco das accións que o Gaiás está a desenvolver para apoiar a creación artística e cultural en Galicia.

Santiago, 10 de Xullo de 2022
Fotos: Manuel G. Vicente

A Cidade da Cultura de Galicia acolle hoxe durante toda a xornada a V edición do Festival de Bandas Infantís e Xuvenís de Galicia, no que arredor de 600 músicos novos, de 12 formacións musicais, interpretan os repertorios elixidos para a ocasión.

Santiago, 07 de Xullo de 2022

O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, acompañado da directora-xerente da Fundación Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, deu a benvida no Gaiás á escritora Ledicia Costas, que mantivo un encontro coas dez persoas participantes na Residencia Literaria 2022 que presta apoio e acompañamento a creadoras e creadores emerxentes e inéditos.

Santiago, 06 de Xullo de 2022

As Residencias artísticas do Gaiás - REGA veñen de lanzar a súa convocatoria de 2022 na procura de proxectos culturais vencellados ás artes visuais, escénicas, musicais e ao deseño. Serán seleccionadas un máximo de catro propostas –unha por cada área–, e os seus promotores recibirán unha bolsa dotada con 8.000 euros e realizarán unha residencia de entre tres semanas e mes e medio na Cidade da Cultura de Galicia.

Páxinas