Sala de prensa

 
Santiago, 19 de Outubro de 2025

A experiencia inmersiva Orixes pecha as súas portas na Cidade da Cultura o vindeiro domingo 26 de outubro coas entradas practicamente esgotadas e un balance de asistencia total que se achegará aos 30.000 visitantes. A instalación, que combina creatividade e tecnoloxía nunha aposta por achegar ao público galego propostas innovadoras no eido das artes dixitais, recrea unha viaxe a través da evolución da vida no planeta Terra, ao tempo que promove a conciencia medioambiental, especialmente entre as xeracións máis novas.

Santiago, 08 de Outubro de 2025

A Cidade da Cultura de Galicia inaugura este outono unha nova liña de programación que abrangue diferentes actividades divulgativas, lúdicas e didácticas ao redor das exposicións do Museo Centro Gaiás. Baixo o título Gaiás_Inspira, engloba así propostas innovadoras dirixidas tanto a público adulto como infantil e xuvenil, que converten as salas do Museo nun espazo vivo, aberto á participación do público, ao xogo e á aprendizaxe compartida, e que inclúen desde teatro inmersivo a visitas especiais ou unha xincana en formato escape room.

Santiago, 07 de Outubro de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta mañá nunha visita para comprobar o avance das obras do que será o primeiro Centro de Artes Dixitais de Galicia, infraestrutura que se está a construír na Cidade da Cultura. No percorrido, informou de que o nivel de execución dos traballos acada xa o 85% e reafirmou o compromiso da Xunta de que estará rematado a finais de ano.

Santiago, 23 de Setembro de 2025

A Xunta apoia a creación contemporánea internacional ligada ao Camiño de Santiago coa estrea na Cidade da Cultura de Horizontes Errantes, un proxecto de danza e peregrinación artística da coreógrafa española Laura Aris e o bailarín alemán Jakob Jautz. A peza nútrese dos relatos da terra e dos seus habitantes, recollidos ao longo de 15 días de travesía entre Asturias e Santiago de Compostela seguindo o Camiño Primitivo.

Santiago, 11 de Setembro de 2025

O director xeral de Cultural, Anxo M. Lorenzo, deu a benvida hoxe ao conxunto de artistas seleccionados na cuarta convocatoria das axudas REGA, impulsadas pola Xunta de Galicia.

Páxinas