Sala de prensa

 
Santiago, 03 de Setembro de 2025

A Xunta aposta por un ocio familiar de calidade en Cidade Imaxinaria con máis de medio centenar de artistas e 14 compañías galegas, nacionais e internacionais, moitas delas recoñecidas en festivais ao redor do mundo. A cita terá lugar na Cidade da Cultura o vindeiro sábado 6 de setembro, desde as 17,00 horas ata as 22,00 horas, con entrada libre e de balde.

Santiago, 02 de Setembro de 2025

A Xunta de Galicia organizará un concerto de cámara dirixido por Rogelio Groba para despedir a exposición Rafael Úbeda. Visión retrospectiva que se exhibe na Cidade da Cultura desde o pasado mes abril.  Deste xeito, a actuación, que terá lugar no Museo Centro Gaiás o vindeiro sábado, ás 12,00 horas e con entrada de balde, celebra o papel protagonista da música no universo creativo do pintor.

Santiago, 28 de Agosto de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a instalación artística Phygital land, traducións do físico ao virtual, unha proposta da creadora granadina Irene Molina que foi seleccionada como gañadora entre os proxectos presentados na pasada edición do ‘Encontro de Artistas Novos’. Trátase dun traballo que combina a dimensión física coa dixital para xerar esculturas en 3D e proxeccións animadas que evocan a idea dunha paisaxe post-apocalíptica onde a natureza foi substituída por unha imperfecta versión dixital, xerada polas propias máquinas.

Santiago, 25 de Agosto de 2025

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, recibiu hoxe na Cidade da Cultura aos 40 creadores e creadoras que ata o xoves 28 de agosto participan no XV Encontro de Artistas Novos EAN15, consolidado foro da arte contemporánea onde presentarán os seus traballos e terán a oportunidade de intercambiar coñecementos e experiencias con outras figuras emerxentes e tamén consolidadas.

Santiago, 19 de Agosto de 2025

Este venres 21 de agosto despídese a décimo quinta edición de Atardecer no Gaiás cunha dobre actuación protagonizada por Futurachicapop e o DJ Kike Varela. O ciclo de concertos gratuítos ao aire libre promovido pola Xunta de Galicia programou un total de 11 concertos este verán na Cidade da Cultura, con propostas musicais diversas de 16 artistas e grupos chegados de Galicia, Portugal, Chile, Málaga, Madrid e Berlín.

Páxinas