O próximo xoves 3 de xullo, ás 21 horas, darán comezo os concertos de Atardecer no Gaiás coa actuación de The Rapants, unha das bandas galegas con máis proxección dos últimos anos. Os de Muros traerán á Cidade da Cultura o pop surfeiro e alegre do seu último disco, La máquina del buen rollo, galardoado co premio ao mellor álbum en galego nos Premios MIN da música independente estatal.
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, inaugurou esta mañá no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura a instalación de arte dixital Castelao. Mirar por Galicia, a experiencia tecnolóxico-cultural máis ambiciosa desenvolvida ata o momento sobre a figura do ilustre autor, artista, político e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude convida as familias a participar o vindeiro sábado 28 de xuño no Gaiás en Desafío de cartón, unha actividade lúdica e educativa que fomenta a creatividade a través do xogo con materiais de refugallo. Trátase dunha intervención efémera, coa que a Praza Central da Cidade da Cultura se encherá de elementos reutilizables para que persoas de todas as idades teñan a oportunidade de construír estruturas e xoguetes co único límite da súa imaxinación.
A Xunta de Galicia inaugura este xoves 26 de xuño na Cidade da Cultura a exposición inmersiva CASTELAO. Mirar por Galicia, o primeiro proxecto galego de arte dixital que recupera a figura dunha personaxe histórica emblemática da nosa cultura con intelixencia artificial e cun amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping ou realidade virtual.
A Xunta de Galicia despide hoxe na Cidade da Cultura a cuarta edición do Encontro Galego de Cultura Popular, Serán’04 con dúas destacadas actuacións que poñen o ramo a tres intensos días de actividades ao redor da nosa música e baile tradicional. Por unha banda, un concerto de Coros Enxebres, coa participación do Coro tradicional Xacarandaina (A Coruña), Cantares do Brión (Gondomar), a centenaria Coral de Ruada (Ourense) e as Pandeireteiras de XOC, que reúne a intérpretes de Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »




