Licitación do servizo de restauración e cafetería da Cidade da Cultura

Santiago de Compostela, 21 de Abril de 2023

A Fundación Cidade da Cultura ten aberto o concurso para adxudicar a explotación do servizo de restauración e cafetería do complexo do Gaiás, que suma a espazos actualmente en funcionamento (como a Cantina do Gaiás, o restaurante-cafetería do Museo e a a cafetería O Roupeiro no edificio CINC) un novo espazo de restauración no Edificio Fontán. Os pregos e condicións poden consultarse na páxina Contratos de Galicia.

A ampliación obedece á necesidade de atender o incremento de traballadores na Cidade da Cultura, máis de 600 persoas, así como a afluencia de visitantes, participantes nas actividades e eventos e usuarios dos servizos públicos localizados no Gaiás.

As empresas interesadas deberán presentar unha proposta técnica e gastronómica que dea resposta aos diferentes perfís de persoas presentes na Cidade da Cultura, desde turistas interesados na gastronomia galega até os traballadores que acoden cada día ao seu posto.

Visita obrigatoria

Os interesados en presentarse deberán participar obrigatoriamente nunha visita ás instalacións que terá lugar o xoves 27 de abril de 2023 ás 10 horas. A non asistencia a esta visita será considerada causa de exclusión do concurso. Para acudir, abonda con enviar un correo electrónico ao enderezo oficina.tecnica.cidade.cultura.galicia@xunta.gal antes das 23:59 horas do 26 de abril de 2023. Nesta visita resolveranse todas as dúbidas técnicas referentes ao concurso, sendo requisito imprescindible para formular unha oferta con garantías. A non asistencia a dita visita será causa de EXCLUSIÓN

Para resolver calquera outra cuestión sobre o procedemento, poden contactar no teléfono 881 997 565 e no mail cidade.cultura@xunta.gal.

Toda a información sobre o procedemento pode consultarse na plataforma contratosdegalicia.gal

O prazo de presentación de solicitudes de participación pecha o 3 de maio de 2023.