Este mes de xaneiro regresa o mellor cinema miúdo á Cidade da Cultura. Chega o festival de curtametraxes infantís Pequefilmes, cunha selección de medio centenar filmes para gozar desde os 0 ata o 99 anos de idade! Este ano o festival celébrase os días 26, 27 e 28 de xaneiro no Edificio CINC e haberá tres salas diferenciadas —Vagalumes, Miñocas e Fanecas— e obradoiros para a cativada onde aprender a facer cinema con sombras.
As entradas para as proxeccións e os obradoiros poden adquirirse de maneira anticipada no despacho de billetes do Museo Centro Gaiás e en Ataquilla.com. Tamén se poderán mercar o mesmo día antes de cada sesión no Edificio CINC, a un prezo de 3 euros máis gastos de xestión. Máis abaixo tedes un enlace directo á programación e horarios de cada sala.
Variedade de estilos, xéneros e temáticas caracterizan o programa de Pequefilmes. E aínda que a animación segue a ser a gran protagonista, este ano poderán verse tamén curtametraxes de ficción protagonizadas por actores e actrices de carne e óso. Cómpre destacar tamén a participación de dúas curtas producidas en Galicia e en galego, que competirán nas seccións a concurso do festival canda películas de Francia, Alemaña, Estados Unidos, Portugal e así ata 16 países que participan nesta oitava edición do festival.
Coma noutras edicións, as nenas e nenos espectadores de Pequefilmes son tamén o xurado do festival. Dos seus votos dependen os dous premios que se entregarán ás mellores curtas incluídas nas seccións Miñocas e Fanecas. Fóra de concurso, poderá verse, de balde previa retirada de convite, unha escolma de películas proxectadas nas últimas edicións de dous dos festivais de curtametraxes e cinema para a cativada máis relevantes de Europa: o Festival Clermont-Ferrand e o IndieJúnior do Porto.
- 3 seccións: Vagalumes (0 a 3 anos) e Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos).
- 53 curtas internacionais procendentes 16 países.
- 14 sesións: 8 de concurso (Miñocas e Fanecas) e 6 fóra de concurso (Vagalumes; Programa especial Clermont-Ferrand e IndieJúnior).
- Obradoiros de cinema de sombras para a cativada.
**Ilustración: Sr Reny
CURTAS PREMIADAS PEQUEFILMES 2024
Na súa aposta por fomentar o gusto polo cinema e a ollada crítica das audiencias máis novas, as nenas e nenos que asistiron a Pequefilmes exerceron tamén de xurado o festival valorando as curtas. Estas foron a máis votadas:
| MIÑOCAS - The Smortlybacks come back! | FANECAS - Largo Viaje |
![]() |
![]() |
|
Ted Sieger. Suíza, 2022. Animación (estrea en España) Nun mundo árido, TamLin viaxa coa súa manada de espléndidos smortlybacks na busca de pastos máis verdes, loitando contra o medo e cruzando o océano. VÍDEO
|
Héctor Herce. España, 2023. Ficción (estrea en Galicia) Nico recibe unha carta da súa nai no seu cumpreanos, que convirte o día nunha xincana para conseguir o seu agasallo. Terá que pasar varias probas, mesmo pelexar co fillo do panadeiro, para descubrir o segredo que hai detrás de todo isto. VÍDEO |
PROGRAMACIÓN PEQUEFILMES 2024
![]() |
Pequefilmes Vagalumes. 0 a 3 anos. Salón de Convencións do Edificio CINC. Consulta aquí a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Pequefilmes Miñocas. +4 anos. Auditorio 1 do Edificio CINC. Consulta aquí a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Pequefilmes Fanecas. +7 anos. Auditorio 2 do Edificio CINC. Consulta aquí a programación e merca a túa entrada. |
![]() |
Programa especial Clermont-Ferrand. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. |
![]() |
Homenaxe IndieJúnior Porto. Proxeccións na sala Miñocas (+4 anos) e Fanecas (+7 anos). De balde previa retirada de convite. |
OBRADOIROS: CINE DE SOMBRAS
![]() |
Obradoiros 'Cine de sombras'. Para nenas/os a partir de 5 anos acompañados dunha persoa adulta responsable. Edificio CINC. Consulta aquí as quendas e merca a túa entrada. |
| 1.14 MB |









