Compostela Monumental sela unha alianza co Gaiás

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o xerente da Asociación Compostela Monumental, José Ángel Blanco, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para promocionar as actividades culturais que organice o Gaiás neste 2014, entre elas a exposición Auga Doce, que se inaugurará o vindeiro 21 de marzo.

Santiago de Compostela, 12 de Marzo de 2014

O Mercado de Abastos de Santiago promocionará o programa cultural do Gaiás

A directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, Beatriz González Loroño, e o presidente do Mercado de Abastos de Santiago, José Fernández Rodríguez, asinaron esta mañá un convenio de colaboración entre as dúas institucións para promocionar as actividades culturais do Gaiás deste 2014, entre elas a exposición Auga Doce, que abrirá as súas portas no Museo Centro Gaiás o vindeiro 21 de marzo.

Santiago de Compostela, 11 de Marzo de 2014

Compostela acolle do 22 ao 26 de outubro Womex'14

Esta mañá presentouse na Cidade da Cultura a vixésima edición de WOMEX, a maior feira mundial das músicas do mundo, que se celebrará en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro. Na rolda de prensa estiveron presentes Xesús Vázquez, conselleiro de Educación, Cultura e Deporte, Ángel Currás, alcalde de Santiago; Beatriz González Loroño, directora xerente da Cidade da Cultura; e Antonio Martinez, de Nordesía Produccións, empresa promotora do evento en Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de Marzo de 2014

Womex 2014

WOMEX é a máis importante feira profesional de ‘world music’ do mundo, segundo a UNESCO. Inclúe músicas de raíz, folc, étnica, tradicional, alternativa e da diáspora.  

WOMEX leva celebradas 19 edicións por toda Europa (en cidades como Berlín, Bruxelas, Estocolmo, Rotterdam, Sevilla, Copenhague, Tesalónica ou Cardiff) e celebrará a súa vixésima edición en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de outubro de 2014, que terá unha programación especial precisamente por esta efeméride. 

Gas Natural, patrocinador de Auga Doce

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, vén de acordar co delegado xeral de Gas Natural Fenosa en Galicia, Manuel Fernández Pellicer, que a compañía eléctrica se converta nun dos patrocinadores oficiais da nova exposición da Cidade da Cultura: Auga Doce, que abrirá as súas portas o 21 de marzo no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 10 de Marzo de 2014

Finsa dona material con fins museográficos para 'Auga Doce'

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asinou co director xeral da Financiera Maderera S.A. (FINSA), José Carballo García, un acordo de colaboración para a doazón de material con fins museográficos para a exposición Auga Doce que se inaugurará o vindeiro 21 de marzo no Museo Centro Gaiás.

Santiago de Compostela, 25 de Febreiro de 2014

A exposición 'Auga Doce' abre as súas portas o 21 de marzo

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugurará o vindeiro 21 de marzo a terceira grande exposición da Cidade da Cultura: ‘Auga Doce’. Esta será unha mostra multidisciplinar formada por 700 obras nas que grandes mestres da arte lle renden unha homenaxe a un elemento clave na identidade galega como é a auga doce. A mostra non terá custo para a Xunta de Galicia xa que estará financiada polo patrocinio de empresas privadas, acordos que se darán a coñecer proximamente.

Santiago de Compostela, 20 de Febreiro de 2014

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS