Galician Connection'14
Un programa formativo a cargo de seis artistas internacionais, charlas, obradoiros, debates, e un gran concerto final no Museo Centro Gaiás. Esta é a oferta da terceira edición de Galician Connection, un laboratorio de música, pensamento e difusión dirixido por unha das nosas figuras máis internacionais: Cristina Pato. Serán tres xornadas onde, ao redor da música, terán lugar actividades e accións relacionadas coa formación, a colaboración e o pensamento dos participantes en Galician Connection.