O Senado na Cidade da Cultura

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria suxeriu hoxe a conveniencia de que o Senado se converta nunha institución que faga de embaxaidora da Cidade da Cultura e que difunda en todo o Estado a contribución cultural que o Gaiás vén desenvolvendo nos últimos anos. No decurso dunha xuntanza de traballo entre a comisión de Cultura da Cámara Alta e un equipo da consellería encabezado polo seu secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, quen os recibiu en nome do conselleiro, o representante da Xunta, explicou os eixos de actuación do plan estratéxico da Cidade da Cultura.

Santiago de Compostela, 28 de Outubro de 2013

Preparados para Womex 2014

O conselleiro de Cultura e Educación recolle no Parlamento de Gales o testemuño da organización de Womex para a edición de 2014 en Galicia.

Xesús Vázquez Abad interveu na recepción á delegación da World Music Expo na Asamblea Nacional galesa, onde incidiu na repercusión que a celebración do evento en Santiago de Compostela terá para toda Galicia e para a súa industria musical

Autoridades e delegados internacionais desprazados a Cardiff con motivo desta feira asistiron na noite do sábado ao acto institucional no que o conselleiro foi recibido pola presidenta do Senedd e polo ministro de Cultura galés.

Santiago de Compostela, 28 de Outubro de 2013

A alma, a lingua

“O que aprende unha lingua, adquire unha nova alma”. Esta frase do poeta Juan Ramón Jiménez é unha das preferidas de Marie-Claude Mattéi Müller, antropóloga e lingüista afincada en Francia que este martes, 22 de outubro, será a encargada de inaugurar o ciclo de conferencias Descubrindo o Orinoco con…, co que a Cidade da Cultura busca profundar na historia, contexto sociolóxico, modos de vida e patrimonio natural das tribos da Amazonia Venezolana que protagoniza

Galego

O Orinoco chega a Madrid

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe na Casa de Galicia en Madrid a exposición Orinoco. Viaxe a un mundo perdido, unha das mostras de arte étnica latinoamericana máis importantes do mundo, actualmente en exposición no Museo Centro Gaiás e onde se poderá visitar ata o 12 de xaneiro de 2014.

Santiago de Compostela, 14 de Outubro de 2013

Magostos no Gaiás con Milladoiro, Marful e Mofa e Befa

Os grupos Milladoiro e Marful e o dúo cómico Mofa e Befa son os protagonistas das tres citas do programa Magostos no Gaiás, que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve durante este mes de outubro na Cidade da Cultura de Galicia para festexar a chegada do outono con música, teatro e castañas.

Santiago de Compostela, 08 de Outubro de 2013

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS