Xa temos os gañadores do concurso 'Galicia é auga'

O concurso Galicia é auga xa ten gañadores. Tras mes e medio convidando a todos os galegos a descubrir a beleza que se agocha na auga que define a nosa identidade, o público e o xurado -formado polo fotógrafo Manuel G. Vicente, un representante de Coca Cola e outro de Balnearios de Galicia- elixiron de entre as 736 imaxes presentadas as sete gañadoras deste concurso.

Galego

Produción e xestión de exposicións temporais

As exposicións temporais convertéronse nos últimos anos nunha das principais estratexias de programación dos espazos culturais para dinamizar a súa oferta e atraer a públicos diversos, renovando con cada proxecto a razón para que o visitante regrese.

A súa produción e xestión implican unha serie de procesos que se foron protocolizando de xeito paralelo á profesionalización do sector, xerando unha metodoloxía de traballo. A análise desta praxe é o obxecto das xornadas Produción e xestión de exposicións temporais.

A cartografía pode ser un xogo

Navegantes, exploradores, descubridores, observadores... Son moitas as personaxes que, ao longo dos séculos, fixeron Historia grazas a un mapa, un plano ou unha carta de navegación.

Agora, e grazas á Biblioteca de Galicia, todos podemos revivir a época dos descubrimentos e facer da cartografía un xogo. Como? A través de dúas divertidas actividades que terán lugar na Cidade da Cultura neste mes de xullo no marco da mostra 'Colección Cartográfica 'Vilardevós' de Rodolfo Núñez de las Cuevas, que poderá visitarse na Biblioteca de Galicia do 14 de xullo ao 14 de setembro.

Galego

Vive este Verán no Gaiás!

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, convidou  a participar nas 92 actividades do programa Verán no Gaiás que a Cidade da Cultura pon en marcha entre xullo e setembro. Contarase con novidades importantes como a actuación de dous mestres do jazz como son Chick Corea e Stanley Clarke, e recupera clásicos como ciclo Atardecer no Gaiás, as Visitas Astronómicas ou o festival familiar Cidade Imaxinaria. 

Santiago de Compostela, 25 de Xuño de 2014

Chick Corea & Stanley Clarke Duet

A Cidade da Cultura de Galicia ofrece a posibilidade de ver sobre un mesmo escenario a dous auténticos xenios do jazz: Chick Corea e Stanley Clarke. Creadores nos anos 70 de Return to Forever -unha das bandas máis determinantes do chamado jazz fusión, que incorporaba elementos do rock seguindo o camiño pioneiro marcado por Miles Davis-, Corea e Clarke reencóntrase de novo en formato dúo co espectáculo The songs of Return to Forever.

Atardecer no Gaiás 2014

O ciclo Atardecer no Gaiás volve na súa cuarta edición a poñerlle música, ritmo e vangarda ás tardiñas de Compostela. 

Atardecer no Gaiás mantén a súa idea orixinal de ofrecer espectáculos en pequeno formato no solpor dos xoves, venres e sábados do verán, a partir das 21:00 horas. Do 3 de xullo  ata o 30 de agosto, a praza exterior da Cidade da Cultura de Galicia acollerá 24 actuacións nas que se fusionará a música clásica coa tradicional, o pop e o rock, o jazz, o flamenco, a electrónica ou o funk. 

Páxinas

Subscribe to Cidade da Cultura RSS