Obradoiro de banda deseñada a partir da obra 'Rosalía oculta'

Queres aprender a crear unha banda deseñada? Este obradoiro da Biblioteca de Galicia en conmemoración polo Día do Cómic achéganos ao proceso de elaboración dende 0 dunha narrativa ilustrada da man de Paula Mayor, autora de 'Rosalía Oculta', que foi premio Castelao de banda deseñada en 2023.

No obradoiro, dirixido a persoas maiores de 15 anos, farase un percorrido pola historia do cómic e do proceso de creación dunha narrativa. Da man da obra 'Rosalía Oculta', veranse os pasos a seguir para crear unha banda deseñada a partir dunha biografía e construír un personaxe dende súas vivencias. O obradoiro abarca todas as fases do proceso de creación: a cronoloxía, a documentación, a sinopse e o storyboard; así como tamén ferramentas narrativas como a cor ou a simboloxía. 

Ademais, a actividade tamén conta cunha práctica para a liberar e estimular a creatividade. Para participar no obradoiro non fai falla ter experiencia previa coa banda deseñada nin saber ilustrar. Aínda que no obradoiro se provera de todos os materiais necesarios, os participantes tamén poden traer as súas propias ferramentas de debuxo. 

 
Letras & Pensamento