Findes na balea

Imaxina un lugar onde as imaxes cobran vida, os protagonistas son de carne e óso e o artista es ti. Todos os sábados e domingos, ese lugar podes atopalo no Museo Centro Gaiás, que por unhas horas se converte nun lugar cheo de creatividade, diversión e fantasía, no que poder dar renda solta a túa imaxinación.

Como? A través do programa lúdico-didáctico Findes na balea, que combina un espazo de lecer e obradoiros fotográficos para os máis pequenos mentres os maiores dispoñen de tempo libro para coñecer a exposición José Suárez. Uns ollos vivos que pensan.

Findes na balea conta os sábados cunha Ludoteca, na que poder gozar da arte dunha forma lúdica. Dinamizada por unha monitora, a Ludoteca do Gaiás artéllase en tres recunchos temáticos nos que os participantes agudizarán os seus sentidos, accederán a unha ampla biblioteca adaptada e poderán gozar de múltiples xogos.

Os domingos será o momento dos Obradoiros fotográficos, nos que as imaxes de José Suárez serán fonte de inspiración artística. Cada domingo, os participantes achegaranse á figura do fotógrafo de Allariz convertendo as súas imaxes en creacións propias a través de diferentes técnicas como a pintura, a literatura, o teatro ou diversas técnicas fotográficas. 

As dúas actividades son de balde pero para os obradoiros é preciso inscribirse previamente. 

 
En familia